Coa colaboración de todas e todos, xa está rematado!
E así loce polo 8M!
Aquí vos deixamos interesantes recursos para o 8M.
PREME AQUÍ:
E velaí as nosas recomendacións lectoras:
Libros que nos contan por que é tan importante este día.
Libros para facer un percorrido pola biografía de mulleres pioneiras e inspiradoras, cuxas historias permaneceron esquecidas ata non fai moitos anos.
E tamén libros que apostan por protagonistas femininas que constrúen o seu propio camiño.
FELICES LECTURAS e FELIZ 8M!
O noso Entroido vestiuse de personaxes de banda deseñada, unha ocasión para revisar historietas clásicas como as de Mortadelo e Filemón, Asterix e Ovelix e recordar as aventuras de Naruto ou de Goku, o protagonista de Dragon Ball. Pero tamén para descubrir outras máis contemporáneas, coma as de Marcopola e a illa remeira. E, por que non? lembrar a súperheroes inmortais, como Batman e Superman.
Os máis cativos convertéronse en mostros de cores.
E todos estes curiosos personaxes acabaron mesturados bailando a conga no pavillón.